1.- Bases de participación no Premio de Blog Escolares.
- Poden participar todos os alumnos/as matriculados no IES García Barbón.
- O blog debe ter, entre outras aportacións, contidos didácticos relacionados cos estudos que realizas.
- Só se consideran os blogs redactados en lingua galega -normativa oficial-.
- Un dos temas do blog ten que facer referencia ao teu futuro académico e profesional.
- Os blogs poden ser individuais ou de dúas persoas.
2.- Criterios para a valoración dos blogs escolares.
- Contidos e estructura xeral do blogs.
- Frecuencia das anotación e comentarios.
- Ligazóns recomendadas.
- Deseño e orixinalidade.
Entre o día 15 de xaneiro e o 15 de maio de 2009 os alumnos/as poden presentar o seu blog ao Premio de Blogs Escolares.
no que se detallen as informacións que se anotan:
Nome e apelidos do autor/a | Curso/Nivel |
Nome do blog | URL do blog |
Comentario breve sobre o blog que se presenta |
4.- Publicación de propostas de blogs e premios.
Unha vez recibida a proposta de participación no correo electrónico, faremos pública a candidatura no blog:
O día 22 de maio de 2009 publicaremos no Blog os nomes
das persoas e os blogs premiados.
A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos do
IES García Barbón a finais do mes de maio de 2009
Cada participante recibirá un agasallo.
PREMIOS |
PRIMEIRO PREMIO UNHA CÁMARA DE FOTOS DIXITAL |
SEGUNDO PREMIO UN MP4 |
TERCEIRO PREMIO UN PEN DRIVE DE 4GB |
No hay comentarios:
Publicar un comentario